CRTVG

Buscar

Emre Mor mete un golazo no amigable co Oviedo, pero acaba mancado

Publicado o 26/08/2020 21:24

No primeiro Celta desta pretemporada Óscar García fixo debutar no once titular as fichaxes Renato Tapia e Miguel Baeza ademais de Emre Mor, que ofreceu unha reestrea espectacular, á carón de Aspas e Nolito.

Nun primeiro tempo competido, quen se adiantou foi o Oviedo, unha xogada rápida desde a banda, a falta de entndemento entre Aidoo e Tapia. Despois Hugo Mallo curtou a xogada pero o balón quedou para Samu Obeng, que adiantou os asturianos os 11 minutos

Axiña se prodigou o Celta en ataque. Emre Mor deixoulla ben a Iago Aspas, que rematou axustado ao pau. Foi un aviso.. Nunha acción a balón parado, o propio Aspas rematou de primeiras desmarcado un centro de Hugo Mallo, e o porteiro Joan Femenías acabou por metela en propia porta (17').

Apenas catro minutos despois remontou o Celta nunha xogada pola esquerda. Conduce Nolito, deixa atrás para Olaza, e Aspas cédella a Emre Mor, que engancha o balón fóra da área e marca un golazo. Despois de meses cedido e rendemento decepcionante, o turco volve sacar unha chispa da súa calidade. Iso si, durou meno de media hora, botou a mán a perna dereita e tivo que retirarse con molestias musculares.

Antes do descanso, o debutante Miguel Baeza, que ofreceu bos detalles, tamén buscou un gol parecido, un tiro desde a frontal que lle saíu alto ao centrocampista procedente da canteira do Real Madrid.

Na segunda parte baixou o nivel do Celta, houbo unha rolda de trocos e Óscar García cambiou totalmente o equipo para a última media hora. O Oviedo estivo mellor e encontrou o gol do empate no minuto 75. Viti bateu a Iván Villar.

 A próxima semana, o Celta terá outro ensaio de verán contra o Lugo.

Noticias web

26/08/2020