CRTVG

Buscar

Emre Mor di que "sentía que lle debía algo ao club e aos seareiros"

Publicado o 16/09/2020 14:57

• O turco afirma está máis maduro e listo para dalo todo polo equipo

Emre Mor comezou moi ben a temporada e fixo as súas primeiras declaracións.

"Non rematei ben cos afeccionados e co club. Agora foi a miña elección volver e sentía que lle debía algo ao club e aos seareiros. Estou máis maduro e listo para dalo todo polo equipo"

"Podo xogar onde queira o adestrador. Preto de Iago é xenial. É un xogador top que me dá moitos balóns"

Noticias web

16/09/2020