CRTVG

Buscar

Empresarios galegos explican en Santiago a clave do seu éxito

Publicado o 20/02/2019 15:35

Dez empresarios e directivos líderes en Galicia explicaron as claves do seu éxito nun encontro que se acaba de clausurar en Santiago. O presidente da Xunta pechou unha xornada que serviu para coñecer a experiencia destes xestores e defendeu a estabilidade política como garante da estabilidade económica. Aquí escoitáronse ata cen consellos baseados en acertos e fracasos de distintas traxectorias profesionais. Serven, din, para aprender e crecer.

O obxectivo pode ser consolidarse en Galicia no sector alimentario antes de cruzar fronteiras. O importante é ter proxecto, método e confianza en que se pode cumprir. Pensar qué busca o cliente e asumir riscos. Son as claves que converteron unha pequena droguería de Lugo nunha cadea asentada no norte de España con 40 tendas e 800 empregados.

Diferenciarse no mercado e apostar por plataformas online e a profesionalización. Anticiparse aos hábitos de consumo e incorporar talento son só unha ducia dos cen consellos que agochan o éxito empresarial.

Noticias web

20/02/2019