CRTVG

Buscar

Empresas que ocupan terreos de costa temen que non se lles prorroguen as concesións

Publicado o 22/01/2020 17:36

Centos de empresas que están á beira do mar ven ameazada a súa continuidade neses emprazamentos. O Ministerio advírtelles que hai cambios na prórroga das concesións.

Depuradoras, conserveiras, piscifactorías, en xeral, industrias que depende de concesións para seguir ocupando o espazo público marítimo terrestre están alerta. O temor ven polas últimas resolucións do Ministerio de Teresa Ribera ás firmas que solicitaron unha prórroga das concesións. Antes, esa prórroga contaba desde o momento en que se pedía e a renovación e podía chegar aos 75 anos. Agora conta desde que se concedeu por primeira vez a concesión. Un cambio de criterio que está deixando ao límite a empresas como esta piscifactoría situada en Lires. Ela xa ten data de caducidade: marzo do ano que vén.  

É a segunda produtora de troita de España e agardaba unha prórroga de 40 anos para seguir traballando en Lires. A decisión do Ministerio, din, deixaos no limbo.

O sector confirma que non é o único caso en que se limitou a prórroga. Cren que estes primeiros expedientes abren o camiño ao recorte das concesións.

Temen que a incerteza pare o investimento. As depuradoras lembran que polas súas instalacións pasan máis de 200 millóns de quilos de molusco, que sae de Galicia.

Piden unha mesa de diálogo co Ministerio de Transición Ecolóxica. Queren explicarlle de primeira man a realidade dun sector clave en Galicia.

 

Noticias web

22/01/2020