CRTVG

Buscar

Empresas hostaleiras internacionais buscan captar en Santiago novos profesionais

Publicado o 28/02/2019 17:36

16 empresas hostaleiras internacionais visitan hoxe Santiago na busca de profesionais para os seus establecementos.

Nacho e José Manuel, graduados en xestión hoteleira, entrevístanse coas responsables dunha cadea con 200 hoteis en todo o mundo. Quizais teñen unha vacante para eles. O sector medra e as empresas acoden a Galicia na busca de profesionais altamente cualificados.

Nos corredores, o resto dos candidatos agardan a súa vez para as entrevistas persoais. Deste obradoiro de emprego poderían saír 200 contratos de perfís variados. Casar a oferta e a demanda de emprego é o obxectivo deste obradoiro que, coa de hoxe, suma doce edicións.






 

Noticias web

28/02/2019