CRTVG

Buscar

Empresas de Vigo participan na conversión dun transbordador nun trasatlántico de luxo

Publicado o 07/11/2018 21:22

O estaleiro Armada e catro empresas auxiliares do naval vigués participan nun proxecto singular: a conversión dun transbordador de pasaxeiros nun transatlántico de luxo. O barco, con destino ás illas de Escocia, deberá estar listo para o verán de 2019.

Agora custa imaxinalo, pero nuns meses esta estancia estará ocupada por camarotes de luxo.
A empresa vasca Oliver Design volve confiar no naval vigués para a reforma integral que converterá este transbordador de pasaxeiros turco nun cruceiro de alta gama para a canle de Caledonia, en Escocia.

A obra está presupostada nuns catro millóns de euros e a previsión é que o barco, rebautizado como Lord of the Highlands, estea listo para a campaña de verán de 2019.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2018