Empresas da Barbanza comezan un cribado para volver ao traballo tras as vacacións
Primeira xornada de traballo tras a vacacións de Nadal para moitos dos que hoxe agardaban esta longa ringleira no hospital comarcal da Barbanza para someterse a unha proba PCR. A maioría dos citados son empregados dunha das maiores conserveiras da comarca.
Coa comarca completamente pechada e cunha incidencia acumuluda superior ao limiar de perigo establecido, o sector industrial da Barbanza non quere correr riscos nesta volta ao traballo tras as vacacións de Nadal.
Este é xa o segundo cribado ao que foron citados os cadros de traballadores das factorias da comarca en menos de 20 días. A mediados de decembro a participación foi dun 86 por cento.
Agardan que, como na anterior ocasión, o número de asintomáticos detectados non supere a ducia de casos.