Empresarias de Redondela poñen en común as dificultades que afrontan por ser mulleres
Empresarias de Redondela mantiveron hoxe un encontro para poñer en común as dificultades engadidas que afrontan por ser mulleres. No almorzo púxose de manifesto a fenda aínda existente no control financeiro dos negocios.
Emprendemento, conciliación e decisións financeiras centraron o debate celebrado esta mañá en Redondela en que varias mulleres contaron a súa experiencia como empresarias e as dificultades engadidas ás que teñen que enfrontarse por ser mulleres. A falta de control sobre as finanzas é precisamente unha desas dificultades.
Deixar de delegar e asumir esas decisións é clave, dixo, para avanzar en igualdade. A secretaria xeral de Igualdade, que participou no encontro, destacou as axudas do seu departamento e fixo balance do ano pasado. Segundo anunciou, en xuño sairá a convocatoria de axudas deste ano, que ascenderá a 1,8 millóns de euros.