CRTVG

Buscar

Emprendedores lugueses crean unha aplicación para optimizar parcelas rurais

Publicado o 16/04/2019 20:56

O rural está cheo de parcelas paradas ou con maleza. Para facerlle fronte a esta situación e axudar os propietarios a poñelas en valor está en marcha unha aplicación gratuíta creada por tres emprendedores lucenses que avalía cales poden ser os cultivos ou as plantacións máis axeitadas.

"Que calquera propietario ou interesado en saber que facer cunha parcela agrícola ou forestal pode encontrala pola referencia catastral ou navegando polo mapa e saber que especies forestais ten permitidas segundo a normativa municipal e autonómica", explica José Luis Gude, un dos promotores da aplicación.

Dunha maneira visual, rápida e sinxela coñecerán as normativas que afectan cada parcela e os permisos que precisan.

"Se para facer unha nova plantación tes que facer unha solicitude a Augas de Galicia ou Patrimonio avísate de que nesa zona hai que pedir permisos administrativos. Tamen avisa das distancias que hai que manter de protección respecto a camiños ou elementos catalogados", explica José Luis Gude, un dos promotores da aplicación.

Nunha segunda fase, xa de pago, os propietarios poden solicitar informes máis detallados sobre os custos das plantacións e mesmo referencias de quen pode realizar os traballos para rendibilizar ao máximo os seus terreos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019