Empregan unha tapa dun sumidoiro para roubar nunha pizzería do centro de Ourense
Un restaurante do centro de Ourense foi asaltado nas últimas horas. Os ladróns empregaron a tapa dun sumidoiro para escachar a ventá, algo que non é a primeira vez que sucede nesa zona.
Na pizzería aínda están a asimilar o sucedido. Asaltaron o seu local de madrugada na procura de cartos, levaron 1700 euros en efectivo que había na caixa. E malia que desta volta os ladróns non foron especialmente discretos nen coidadosos para acceder o restaurante, ninguén se decatou de madrugada do que estaba a acontecer.
O curioso do caso é que este modus operandi se vén repetindo no asalto de varios negocios da cidade nas últimas semanas. A finais de xullo elexiron esta tenda situada en plena Praza Maior de Ourense
O mesmo aconteceu hai apenas dúas semanas nestoutra tenda de roupa na céntrica rúa do Paseo, onde só levaron 15 euros en efectivo, tamén nun local comercial da Ponte ou nesta farmacia do barrio do Couto. Daquela os ladróns perpetraron os tres roubos en apenas hora e media e foran detidos polas forzas de seguridade. Agora a policía está a investigar os feitos.