CRTVG

Buscar

Empregan petardos para rebentar niños de velutinas

Publicado o 06/02/2020 14:47

O sistema é sinxelo. Cunha pértega acceden ao niño de velutinas. Nun dos extremos colocan o petardo, no outro, un mecanismo electrónico para activalo. En escasos minutos o niño queda totalmente rebentado.

A súa posta en marcha precisa dunha serie de requisitos. Tamén é necesaria unha formación específica para poder manipular estes artiluxios pirotécnicos con total seguridade.

O vindeiro mércores, Ares será o primeiro concello galego en estrear este sistema.

Agardan que o sistema teña éxito en Galicia e que axude a previr a extensión da avespa asiática.

Noticias web

06/02/2020