Espétase contra o coche da Garda Civil, logo de saír dun control no Corgo
Publicado o 17/03/2019 10:48
Un condutor resultou ferido leve, logo de espetarse contra un vehículo da Gardia Civil, na autoestrada A-6 no municipio do Corgo. O accidente tivo lugar pasadas as 11:30 desta mañá, cando un home de 31 anos saía dun control rutineiro, establecido nas inmediacións dunha gasolineira. Ao incorporarse á autoestrada viuse cegado polo sol, segundo declarou, e bateu contra o coche oficial. Os dous axentes que estaban no seu interior resultaron ilesos.