Espetan un camión contra un estanco do Corgo para entrar a roubar
Publicado o 01/11/2019 13:54
Espectacular asalto a un estanco no concello lugués do Corgo. Os ladróns non se andaron con bromas para entrar no local. Roubaran un camión no polígono do Ceao, foron con el ata alí e espetárono na fachada traseira do local, co que abriron un burato considerable. Unha vez dentro remexérono todo pero o asalto non lles foi moi proveitoso. Só levaron uns 300 euros en tabaco e 50 máis en metálico.