CRTVG

Buscar

Espeta o seu vehículo contra o muro dunha vivenda en Ourense tras sufrir unha indisposición

Publicado o 05/07/2019 18:32
Espeta o seu vehículo contra o muro dunha vivenda en Ourense tras sufrir unha indisposición

Pasaban das cinco da tarde cando un septuaxenario 17:10 h espetou o vehículo que conducía contra o muro dunha vivenda no número 12 de rúa Montarín do Barrio do 21 de Ourense. Todo parece indicar que o condutor sufriu algún tipo de indisposición, polo que os servizos médicos tentaron reanimalo durante uns 30 minutos no lugar do sinistro. Finalmente foi trasladado ao hospital, onde xa está consciente.