CRTVG

Buscar

EmporCarte, a vangarda creativa detrás do cocido de Lalín

Publicado o 02/03/2019 20:51
EmporCarte, a vangarda creativa detrás do cocido de Lalín

Plácido Rozas, o policía xubilado e gaiteiro que compuxo e tocou a "Muiñeira de Laxeiro" detrás do seu cadaleito contempla varias obras de "EmporcARTE".

Cecilia Doporto Regueira, do Museo Ramón María Aller, conta que este ano hai este ano son 49 artistas, e cada un é da súa casa, e cada un fai o que lle dá a gana, só conservan o tema, e o tema é o cocido. Normalmente hai máis porcos que pratos de cocido.

Ou a mestura dos dous conceptos que propón o artista emerxente Deiviz Kostoya coa súa Giococha ou Porca Lisa.

Deiviz Kostoya, artista, explica que a obra se chama a Giococha, gioporca, porcalisa, e que decidiu mesturar o prato estrela de Galicia coa obra estrela, que non será a obra mellor de todos os tempos pero si a máis coñecida, a Mona Lisa de Da Vinci. Ela é o porco, vestida con cor verde, grelos ou verduras, un trono de chourizos e un mosaico de patacas e garavanzos.

Ao lado do que comeza a artista máis consagrada da mostra, Soledad Penalta, a primeira muller da Real Academia de Belas Artes da historia de EmporcARTE.

Soledad Penalta, escultora, explica que a sú obra é unha "l" de Lalín. Os individuos que pon na peza están divertíndose. E nese manuscrito o texto que pon é diversión, alegría, o viño, as boas filloas, as rosquillas, o lacón e a cachola.

Branco e negro, repolos fluorescentes, 3D, autofotos, e hoxe como observador, un dos grandes da escultura que nunca lle falla ao cocido das artes, Paco Pestana.

Noticias web

02/03/2019