CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Empezan os tres días de intercambio musical da Galician Connection 2014

Publicado o 04/04/2014 15:25
A colaboración entre seis músicos de distintas orixes e estilos musicais que propón o Galician Connectión empezou esta mañá na Cidade da Cultura. O resultado poderase ver no concerto que ofrecerán este domingo e que inclúe unha homenaxe a Paco de Lucía.

Esta é a foto de familia do Galician Connectión do 2014. 27 musicos e pedagogos poderán asistir durante tres días a xénese dun concerto. Os protagonistas serán seis figuras da musica galega e outros tres procedentes doutros lugares do mundo.

"un percorrido polas culturas e linguaxes de cada un dos artistas, desde a arpa colombiana de Edmar Castañeda, ata as voces galegas de Najla Shami e a percisión de Carlos Castro"

Estará tamén o clarinetista sirio Kinan Azmeh, o pilnista galego Abe Rábade e O célebre baixista catalán Carles Benavent, que compartiu carreira durante anos con Paco de Lucía, a quen se lle dedicará unha das pezas do repertorio.

"eu vou tentar estar o máis aberto posible a todos os aportes que se produzan. O meu repertorio xa é moi ecléctico de por sí, un dos temas e unha homenaxe a Paco de Lucía, co cal xa ten un pouco de linguaxe flamentca pero sen renunciar nunca a aquilo xenuinamente galego que un semmpre aporta por ser desta terra."

A progresion da ensamblaxe entre os seis músicos será unha lección para os asistentes, pero ademais poderán facer intercambios vis a vis con eles, asistir a talleres de produción ou a unhas xornadas sobre educación musical e artistica que será unha das novidades da edición deste ano.

"veño porque estou estudando a carreira de piano e estou moi interesada na saída pedagóxica que ten" " esto ábrenos moito a mente, a posibilidade de coñecer artistas de gran nivel e outros estilos, entón un man a man con eles é unha experiencia moi positiva"

O resultado deste laboratorio músical de tres días na cidade da Cultura poderáse ver o próximo domingo, as sete da tarde no concerto final.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí