CRTVG

Buscar

Empeza unha nova edición de Xantar en Expourense

Publicado o 05/02/2020 15:12

Xantar é unha porta aberta á gastronomía e ao turismo, e iso nótase a cada paso, sobre todo nos seus quince restaurantes. 11 son galegos.

Neste escaparate atopamos todo tipo de demostracións en directo. Pero Xantar é sobre todo unha fiestra para aqueles que queren dar a coñecer os seus produtos e as súas localidades de orixe.

Nos vindeiros días, chefs de seis países impartirán talleres de cociña, será tamén a semifinal do concurso de cociñeiro e camareiro do ano, haberá encontro de bloggers gastronómicos e turísticos, catas comentadas, conferencias, un túnel do viño... Vaia, propostas hai de sobra, e días, porque non pecha ata o vindeiro domingo.

Noticias web

05/02/2020