CRTVG

Buscar

Empeza o xuízo contra o suposto asasino da súa dona en Guadahortuna

Publicado o 25/11/2019 14:59

Comezou en Granada o xuízo contra o home acusado de matar a tiros a dona o ano pasado en Guadahortuna, e os fillos intentaron agredilo á entrada da Audiencia. Mentres, en Valencia seguen buscando a moza desaparecida tras quedar cun home a través de Internet.

O suposto asasino da súa dona en Guadahortuna en xuño do ano pasado foi recibido con berros e improperios cando chegou á Audiencia Provincia de Granada, onde comezou o xuízo.

Os fillos da vítima intentaron abalanzarse sobre o home e tiveron que ser reducidos.

O home está acusado de matar a tiros a muller cando xa non convivía con ela. Está en prisión provisional desde aquela, e tanto a fiscalía como a acusación particular piden para el 25 de anos de cadea polo asasinato e outros tres por tenza ilícita de armas. A muller tiña 43 anos.

Mentres, en Manuel, Valencia, seguen buscando a Marta Calvo, unha moza de 25 anos desaparecida o pasado día 7, cando quedou cun rapaz través de Internet. Desde entón non se sabe nada deles e policía e garda civil buscan tanto a rapaza como o home co que tiña a cita, un arxentino do que o único que transcendeu é que vivía nun piso de alugueiro na mesma localidade.

 

Noticias web

25/11/2019