CRTVG

Buscar

Empeza a tramitación dos orzamentos xerais do Estado no Senado

Publicado o 09/12/2020 09:21

Arranca no Senado a tramitación dos orzamentos xerais do Estado para 2021, tras seren aprobados no Congreso co voto favorable de 189 deputados de 11 formacións políticas.

As comparecencias de 39 altos cargos inícianse hoxe na cámara alta, e o venres coñeceranse os vetos xerais e ás seccións que rexistren as formacións políticas. A primeira en intervir é a presidenta da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) Cristina Ferreiro, e o gobernador do Banco de España Pablo Hernández de Cos será quen peche as comparecencias.

Como o grupo socialista ten a maioría do Senado, os vetos serán superados sen problema.
O Goberno prevé que o trámite sexa rápido e que as contas do Estado mesmo poidan quedar definitivamente aprobadas o día 23.

Nin PSOE nin Unidas Podemos rexistrarán emendas parciais ao orzamento durante o seu debate en comisión. O Goberno pediu ás formacións que apoiaron as contas (aínda que algunha delas non ten representación no Senado) que non rexistren iniciativas.

Desta forma, se a Comisión de Orzamentos e o Pleno do Senado non inclúen modificacións ao texto, este podería ser votado e aprobado definitivamente un día antes de Noiteboa e non tería que volver pasar ao Pleno do Congreso, para o cal, con todo, tamén se habilitou o 29 de decembro.

Noticias web

09/12/2020