Empeza a vacinación contra a COVID−19 no Brasil
Publicado o 19/01/2021 08:53
Este luns pola tarde empezou a vacinación contra a COVID−19 no Brasil.
As primeiras doses inxectáronse no Río de Xaneiro, unha das rexións máis azoutadas polo coronovarius.
A que administran aquí é a desenvolvida polo laboratorio chinés Sinovac e o instituto brasileiro Butantan, que onte mesmo recibiu da entidade reguladora a autorización para o seu uso con carácter de urxencia.
En todo o Brasil o coronavirus ocasionou xa máis de 210.000 mortes. A cifra de infectados alcanza os oito millóns e medio de persoas.