CRTVG

Buscar

Empeza a temporada de rutas da camelia

Publicado o 14/02/2019 15:03

A camelia chegou do Xapón e da China no século XVIII e atopou en Galicia o clima e o solo óptimos para quedar. Inicialmente plantouse en pazos e casas nobres, pero acabou introducíndose en xardíns públicos e leiras de todo tipo. Actualmente cultívanse máis de 8.000 variedades na comunidade, e hai rutas turísticas que percorren as plantacións máis emblemáticas. Unha delas é a do pazo de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, A Coruña.

"É o primeiro sitio que hai que visitar para coñecer a camelia. Por antigüidade, por variedade, se hai algún sitio onde xurdiron por primeira vez as camelias é neste lugar, no Val do Ulla e concretamente neste pazo, di Carlos Martínez, presidente da Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla.

Só neste pazo hai 200 variedades, blancas, vermellas, rosas, cunha soa ringleira de pétalos, con dobre capa... Segundo os expertos, a camelia é unha árbore moi fácil de cultivar.

"Non precisa moitos coidados. Rego cando fai calor e nada máis. E moi agradecida", sinala Maria, membro da Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla.

Ademas do valor ornamental da flor, os expertos lembran que a camelia é a planta do té e tamén se usa usa en aceites e produtos cosméticos.

Noticias web

14/02/2019