Empeza a tempada do tren turístico da ruta dos mosteiros
Hoxe empeza a tempada do tren turístico da ruta dos mosteiros. O éxito da súa estrea, o ano pasado, obrigou á organización a dobrar a oferta. Este é un dos itinerarios máis recentes que ofrece Renfe en colaboración con Turismo de Galicia. Tren turístico con destino a Vedra. Primeira parada da ruta dos mosteiros. O percorrido, que comeza en Santiago e remata no Carballiño, mestura paisaxe, patrimonio e augas termais.
Joaquín Rubal, guía da ruta dos mosteiros "É o pazo máis espectacular de Galicia, ten unha variedade, un traballo: os lagos, o traballo que se fixo coa auga, co buxo..."
Pero o coñecido como o Versalles galego só é o principio dun itinerario cargado de xoiais arquitectónicas. É unha das doce rutas que ofrece Renfe en colaboración con Turismo de Galicia ata o vindeiro mes de outubro.
En 2019, a ruta dos mosteiros dobrou a oferta polo éxito acadado na súa estrea, o ano pasado. Este sábado partiu o primeiro tren. A derradeira viaxe da tempada será o 13 de outubro.