CRTVG

Buscar

Cinco millóns de hectáreas queimadas en Australia, onde hai un cento de focos activos

Publicado o 30/12/2019 08:12

 

 

O lume queima cinco millóns de hectáreas en Australia nunha vaga de incendios que arestora ten un cento de focos activos. Nas últimas horas ordenáronse evacuacións de milleiros de persoas no estado de Victoria, mentres grandes espazos naturais son devorados polas lapas.

O Goberno anuncia compensacións económicas para os bombeiros voluntarios e centos de persoas piden a anulación dun dos grandes eventos do país, os fogos de artificio de Aninovo de Sidney.

Noticias web

30/12/2019