CRTVG

Buscar

Empeora a situación da pandemia en Ourense mentres que catro concellos do Salnés soben ao nivel alto de restricións

Publicado o 07/07/2021 21:21

O vertixinoso aumento de casos na cidade de Ourense levou o comité clínico a tomar a decisión de subir as restricións no concello para frear os contaxios. Ourense converteuse na cidade máis afectada de toda Galicia.

 "A semana pasada falabamos de 66 casos en sete días e esta semana xa estamos falando do dobre de 124 e falabamos de 116 casos a catorce e esta semana estamos falando de preto de 200", afirma a directoral xeral de Saúde Pública.

A comarca do Salnés concentra catro dos cinco concellos galegos que terán as restricións máis duras. Son Vilagarcía, Vilanova, A Illa e Cambados. A partir do sábado a hostalaría só poderá atender nas terrazas, cunha ocupación do 50% e ocio nocturno estará pechado. Tamén se limita a 15 o número de non conviventes que se poderán reunir no exterior e a seis no interior. Unha restricións que chegan en pleno verán e nunha zona moi turística.

 "Somos localidades cun forte sector servizos, en plena tempada de verán cando acababa de abrir o ocio nocturno e cando estamos recibindo turismo de todas partes de España", di o concelleiro de Turismo de Vilagarcía.

 "É prexudicial non só para a hostalaría senón para o comercio e para a comarca porque estamos nunha época moi alta, vindo como vimos dun ano moi malo", sinala o presidente da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Cambados.

Os cribados para detectar asintomáticos entre a xente máis nova continúan na comarca, pero só cunha afluencia do vinte por cento.
 

Noticias web

07/07/2021