CRTVG

Buscar

Empate sen goles en Barreiro entre o filial do Celta e o Badaxoz

Publicado o 04/09/2021 19:58

Segunda cita para o Celta B na Primeira Federación. Os de Onésimo non puideron pasar do empate a ceros fronte ao Badaxoz.

Gran rival hoxe en Barreiro. As primeiras ocasións foron para os visitantes. Inicialmente esta de Clemente. Para Gaizka. E no córner posterior a esa xogada, é a defensa celeste quen saca o balón baixo os paus.

Posteriormente intentárono tamén os de Onésimo. Lauti dispuxo da máis clara no minuto 40 pero o seu disparo petou no longueiro.

O Badaxoz mantívose nas súas trece tras o paso por vestiarios. Nada máis reaudarse o partido, Gaikza frea o remate de Isi Gómez cunha grande intervención. Con todo, o encontro rematou no campo do Badaxoz con dúas paradas de Limones. Onésimo dá por bo o punto ante un bo rival pero cre que o seu equipo mereceu máis. 

Noticias web

04/09/2021