CRTVG

Buscar

Empate sen goles dun Coruxo que mereceu os tres puntos

Publicado o 25/09/2021 19:29

O Coruxo non foi quen de pasar do empate en Pardellas ante o Real Avilés.

Os de Gonza fixeron méritos dabondo para levar os tres puntos, sobre todo na segunda parte, pero entre a mala fortuna e o gardameta Davo do Avilés marcharon cun punto pero con moitas mellores sensacións que nas xornadas anteriores.

Moitas alternativas na primeira metade, pero no cómputo global do partido o Coruxo foi superior. A primeira clara foi esta de Silva

O Avilés baseou o seu xogo na velocidade d Cedric, pero desta volta Killiam Grant non puido marcar o primeiro para os asturianos. E a partir dese momento monólogo dos de Gonzalo Fernández.

Esta de Chiqui, que desvía fóra. Estoutra de Borja Domingo, ao que non lle sae o caneo a Davo

E no último minuto posiblemente a máis claro do partido para Borja Domingo que non acerta a bater ao gardameta do cadro avilesino no man a man.

Mellora e moito o Coruxo, pero só consegue un punto en Pardellas.

Noticias web

25/09/2021