CRTVG

Buscar

Empate entre o Valencia e o Chelsea nun partido de infarto

Publicado o 27/11/2019 21:59
Empate entre o Valencia e o Chelsea nun partido de infarto

O Valencia empezou máis enchufado e Soler, en semierro, mandou o balón ao fondo da rede. Un minuto despois reaccionaban os ingleses, e Kovacic enganchaba esta bolea á reviravolta. Na segunda metade, o Chelsea poñíase por diante cun gol polémico. O árbitro anulaba o gol de Pulisic, pero o VAR dábao por bo. Kepa sacaba esta man tremenda no penalti de Parejo.

Cando o Valencia desperdiciaba as ocasións máis claras, chegou Wass para marcar cun centro-xute. O Valencia xogará o pase contra o Ajax.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí