CRTVG

Buscar

Emotiva homenaxe á xogadora de fútbol sala falecida no accidente da AP-9

Publicado o 01/06/2019 21:06

E o pavillón de Bembrive acolleu unha emotiva homenaxe a Sofía Pérez, falecida o mércores pasado no accidente de tráfico da AP-9. A moza redondelá, de 17 anos, xogaba no Cidade de Pontevedra Fútbol Sala que afrontaba este sábado en Vigo o último partido da tempada como visitante.

Emotiva homenaxe á xogadora de fútbol sala falecida no accidente da AP-9Unha compañeira vestiu a súa camiseta para facer o saque de honra. Despois, ambos os dous equipos gardaron un minuto de silencio en lembranza da xogadora que levaba un ano nesta agrupación co número 11. Sofía Pérez xa estivera noutros clubs deportivos da comarca.

Noticias web

01/06/2019