CRTVG

Buscar

Emotiva homenaxe á lenda do Obradoiro Tonecho Lorenzo

Publicado o 15/10/2021 14:58

Dentro de catro meses fará 70 anos. Tonecho Lorenzo. Historia viva do Obradoiro, un sentimento que resume en catro palabras: "Espírito, paixón, loita e sentimento".

Debutou no Obradoiro en outobro do ano 71. Quen diría que pasou medio século dun xogador que xa daquela deixou pegada.

Mañá o seu nome e o seu numero 14 quedarán retirados por sempre na caldeira de Sar. Tonecho recoñece que será inevitable emocionarse.

Xogador, adestrador e ata comentarista na galega. E sempre,desde que caeu o Madrid de Messina, co chandal da sorte. 

E na véspera da súa homenaxe. Tonecho lémbralle ao xogador más veterano da liga Oliver cal é a esencia do Obradoiro

"O éxito deste equipo é ser unha familia".

Este aplauso vai por vostede, maestro. 

Noticias web

15/10/2021