CRTVG

Buscar

Emoción entre os peregrinos que chegan o día do Apóstolo a Compostela

Publicado o 25/07/2021 13:50

Chegar o día do Apóstolo a Santiago ten un significado importante para os peregrinos, sobre todo para os católicos.

Fotos á entrada de Compostela e sorpresa ao veren a cidade chea de policías e ao comprobaren que para entrar no Obradoiro lles rexistran os bolsos e non poden meter as mochilas.

Dende primeira hora da mañá do domingo os camiñantes van conseguindo sitio.

Entre os peregrinos atopamos a Romina, unha italiana que peregrinou trece veces e que o ano pasado lle entregou a vieira do Camiño ao papa Francisco.

Os romeiros con que falamos conciben como un privilexio estar hoxe en Compostela, a onde chegaron onte 2.026 peregrinos.

Noticias web

25/07/2021