CRTVG

Buscar

Emoción e reencontros no Arsenal de Ferrol, que recibiu o patrulleiro Atalaya

Publicado o 15/12/2019 14:41

Foron catro meses e seis días agardando este momento. Os corenta e oito integrantes do patrulleiro Atalaya xa están na casa. A benvida no Arsenal, os reencontros, as apertas son a meta final dunha travesía longa. "Un pouco preocupados porque van a sitios perigosos, pero agora xa están aí". "A travesía debería ser máis curta. Terminan cansos eles aló e tamén nós aquí, de agardar", comentan algúns familiares. 


O Atalaya realizou tarefas de vixilancia e de seguridade marítima no Golfo de Guinea e nas costa occidental de África, en zonas nas que operan grandes mafias da piratería. Nestes meses de misión o patrulleiro visitou catorce portos de once países. "Duros, longos; sen a familia moi longos, pero xa estamos de volta". "É difícil porque o necesitamos para todo e na casa faise raro estar sós". "Xa estamos na casa. A felicidade é volver estar na casa polo Nadal e coa familia".

Agora toca recuperar todos os bicos que roubou a ausencia.
 

Noticias web

15/12/2019