CRTVG

Buscar

Emilio Viqueira: "Esta semana falaremos con catro ou cinco adestradores para o Lugo"

Publicado o 14/06/2018 10:05

O Lugo presentou hoxe o seu novo director deportivo, Emilio Viqueira. Asina polas próximas catro temporadas.

Emilio Viqueira é a cuarta elección de Tino Saqués para este posto. Viqueira traballou neste sector no Tarragona. 

Regresa a Galicia con José Luís Deus como secretario técnico. O novo director deportivo dixo na presentación que ao longo desta semana contactarán con varios candidatos ao banco e subliñou que o máis importante é que se axuste á idea futbolística do equipo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018