Emilio, un ferrolán intervido con éxito no CHUS cunha técnica pioneira que reduce os tremores provocados polo párkinson
Emilio Beceiro xogou ao baloncesto na ACB co OAR de Ferrol e foi delineante en Astano. Con 34 anos empezou a ter síntomas de tremor esencial. Un trastorno do movemento que, sobre todo a partir dos 60, o foi incapacitando.
Farto de que o tratamento que recibía non frease a doenza, Emilio non dubidou en aceptar a proposta do equipo de Neurocirurxía do Hospital Clínico de Santiago de converterse no primeiro paciente en ser operado cunha novidosa técnica, a HIFU.
Aplicáronlle a técnica na man dereita. E o éxito do resultado xa se puido comprobar nada máis concluír a intervención. As imaxes falan por si soas, antes Emilio non podía suxeitar un vaso coa man, e agora é quen de facelo e tamén de escribir, e mesmo manexar as tesoiras para coidar os seus bonsais.
Malia que polo momento esta técnica non se poderá aplicar na outra extremidade, á vista da mellora que experimentou, Emilio non desbota en someterse de novo cando sexa posible.