CRTVG

Buscar

Emilia Pardo Bazán recíbenos na súa casa polo Día Internacional dos Museos

Publicado o 18/05/2019 21:53

Unha vez ao ano, a Casa Museo Emilia Pardo Bazán abre ata a medianoite e deixa que a música, o teatro e a creatividade ocupen o espazo que habitou a escritora. Esta casa aristocrática é o reflexo da personalidade dunha muller inabarcable que gañou un lugar propio no cumio da intelectualidade ilustrada do século XIX.
Xulia Santiso é a directora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán: "Ela é unha intelectual que quere dar a súa opinión sobre que está sucedendo ao seu redor, tanto alta política, como arte, como teatro... todo atrare a súa atención."

A visita permítenos entrar no despacho da escritora, parte esencial nesta casa da palabra onde se criou unha Emilia Pardo Bazán ávida de coñecementos. "Ela criouse aquí, filla única duns pais que a adoraron e que lle deron todo o que pediu. E pediu moito, e déronllo, e estimularon unha intelixencia que ao ellor é a de moitas de nós, só que ela xurdiu como pode xurdir algo nun contexto que non é para nada amable". 

Ata a medionaoite, os museos celebran a arte e a cultura coas portas abertas.

Noticias web

18/05/2019