"Emilia Pardo Bazán querería ser soterrada en Galicia"; falamos con Ermitas Penas, catedrática da USC e investigadora do seu epistolario
Publicado o 10/04/2021 11:30
Conversamos con Ermitas Penas, catedrática da USC, directora do grupo de estudos galdosianos e coautora da edición do epistolario, xunto coa tamén catedrática Marisa Sotelo, que a escritora galega mantivo durante 32 anos con Benito Pérez Galdós.