CRTVG

Buscar

Emigrantes retornados maniféstanse en Santiago en defensa das pensións

Publicado o 12/04/2019 14:52
Emigrantes retornados maniféstanse en Santiago en defensa das pensións

Esta mañá, manifestación en Santiago en defensa das pensións. A protesta convocouna a Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados. Piden xustiza e igualdade fiscal para 250.000 pensionistas que cotizaron no estranxeiro. Partiron da zona vella de Compostela e remataron diante do Parlamento de Galicia, onde fixeron entrega dun documento que recolle as súas reivindicacións. Na marcha participaron tamén a asociación de ex-mariñeiros en Noruega Long Hope e o sindicato CIG.

Noticias web

12/04/2019