CRTVG

Buscar

Emerxencia cero na provincia de Valencia polo temporal de choiva, con case 300 litros por metro cadrado

Publicado o 12/09/2019 12:40

A Generalitat Valenciana estableceu a emerxencia situación cero por risco de inundacións na comarca do val de Albaida, no interior sur da provincia de Valencia, onde como consecuencia do temporal de choivas caeron preto de 300 litros por metro cadrado en 24 horas.

Nesta comarca, un dos municipios máis afectados é Ontinyent, onde se desbordou o río Clariano e houbo que desaloxar os veciños do barrio de  Canterería.

A situación 0 decretada no val de Albaida establécese cando os datos meteorolóxicos e hidrolóxicos indican a inminencia de inundacións con risco para as persoas e bens.

A cidade de Onteniente acumulou 297 litros por metro cadrado nas últimas 24 horas, a maior cantidade de choiva rexistrada no municipio desde que en 1917 comezáronse a recoller os datos  pluviométricos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí