CRTVG

Buscar

Embiste 70 furgonetas en Vitoria cunha retroexcavadora

Publicado o 01/01/2021 09:20

Roubou unha retroexcavadora e arramplou con 70 furgonetas de Mercedes. Os feitos, protagonizados por un extraballador da factoría en Vitoria, ocorreron de madrugada.

Os responsables da planta valoran os danos en cinco millóns de euros. Eran vehículos do trinque, recén ensamblados, algún cun prezo de mercado de ata cen mil euros. Descoñécese os motivos do extraballador, un home de 38 natural de Miranda de Ebro. A Ertzaintza detívoo por un delito de danos.
 

Noticias web

01/01/2021