CRTVG

Buscar

Embarca para ser liberado no Gran Sol o lobo mariño que fora rescatado en Valdoviño

Publicado o 21/01/2021 15:18
Embarca para ser liberado no Gran Sol o lobo mariño que fora rescatado en Valdoviño

O lobo mariño Rube, que fora rescatado en Valdoviño moi desnutrido e con varias feridas, xa está camiño do Gran Sol. Cando o recolleron pesaba só 11 quilos e regresa ao mar con 25 e totalmente recuperado.

No mes de novembro fora trasladado a Nigrán, onde estivo baixo o coidado dos biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. E na segunda fase da súa recuperación o IGAFA da Illa de Arousa encargouse de preparalo para a volta ao medio mariño.

Hoxe partía dende o porto do Berbés, en Vigo, cara ao seu fogar.

Noticias web

21/01/2021