CRTVG

Buscar

Embarazada de oito meses e ingresada por covid, Joana estráñase de que a xente estea de festa

Publicado o 10/05/2021 16:13

Perdeu nunha semana oito quilos, febre altísima, dores, tose... así ingresaba hai dez días Joana no hospital. Hoxe un pouco máis recuperada, pero sorprendida coas imaxes da xente de festa celebrando a fin do estado de alarma.

Un mes antes de dar a luz e co medo que pasou de perder o seu bebé, pensa que debemos de seguir sendo prudentes. Asegura que hai camiño andado, pero non para deixar de cumprir as normas.

O virus atacoulles tamén ao seu marido e ás súas dúas fillas. A pandemia marcouna, leva días loitando contra esta enfermidade. Dende a ventá do hospital mira ao exterior con esperanza, pero tamén con indignación cun comportamento que pon en risco a saúde de todos.