CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Em liberdade os tres detidos por inmigración ilegal en Verín

Publicado o 11/07/2018 21:00


O buque afundido pertence á armadora viguesa Freiremar. Cinco dos tripulantes son galegos. Dende a súa sede en Bouzas, a empresa coordina os trámites para a súa repatriación.


16 dos tripulantes están a bordo doutro barco de Freiremar, o Farruco, que está a colaborar nos labores de busca do mariñeiro peruano desaparecido. Os outros 9 superviventes viaxan no buque Beagle 1, de bandeira arxentina. A armadora apura os trámites para que a tripulación do afundido Dorneda regrese a porto canto antes e poida ser trasladada aos seus lugares de orixe. Os cinco galegos son da área de Vigo e do Morrazo. Un responsable da armadora confirmou á TVG que o naufraxio se debeu a unha vía de auga, pero descoñecen as causas. Sinalan que o Dorneda acababa de comezar a marea e que non había condicións especialmente adversas no mar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/07/2018