CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "Temos que mentalizarnos de que imos sufrir para gañar"

Publicado o 04/11/2019 17:08

Frustrante tarde para Paco Jémez. Tamén para Embarba, que se atopou cun inspirado Cantero xa antes do penalti. Na sorte decisiva, tras a pena máxima cometida por Campabadal, Cantero non se venceu. Aguantou, intuíu e rexeitou co pé. O porteiro salvou os mobles nun día estraño no que o Raio estragou a eito e os lugueses se sobrepuxeron ás adversidades, caso de Gerard Valentín, que apenas durou vinte minutos no campo. O premio ao aguante chegou nun roubo que lle permitiu a Rahmani filtrar un pase interior de tiraliñas para que Cristian Herrera definise. Soou a badalada no Anxo Carro.

Co Raio envorcado, sufriu o Lugo ata o engadido, cando o pau se interpuxo nun remate de Andrés Martín que arrecendía a gol. Non era o día dos de Vallecas. Si o dos galegos, que amarran tres puntos de ouro, derrotan un favorito e foxen da queima. Máxima rendibilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019