CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "Somos xustos vencedores"

Publicado o 16/09/2019 16:32

Foi un bo preludio a presenza do Burela no Anxo Carro, brindándolle á afección a Supercopa de España e o 4 Nacións. Unha afección que por fin puido gozar da primeira vitoria do Lugo. Resultado positivo, que abriu Gerard Valentín aos nove minutos, portería a cero e moi boa imaxe.

Vitoria que puido ser incluso máis ampla se a madeira non lle negara o segundo a Manu Barreiro. Con todo o tanto non tardou en chegar. No 32, Cristian Herrera empurraba ao fondo da portería un centro de Canella e deixaba o partido sentenciado antes do descanso.

Na segunda metade, o Fuenlabrada buscou o gol que o metera no partido pero Varo demostrou a súa solvencia. Tampouco o Lugo se conformaba co resultado e seguíu buscando o terceiro coma nesta ocasión de Canella.

O Lugo suma 6 puntos e o mércores recibe a Ponferradina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019