CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez pide o apoio do Anxo Carro: "Non gusta xogar ás 7, e virá menos xente"

Publicado o 17/09/2019 17:39

Lugo volve xogar mañá no Anxo Carro e prentende sumar 6 puntos dunha tacada. Os de Eloy Jiménez reciben a Ponferradina coa intención de prolongar as boas sensacións que o equipo ofreceu ante o Fuenlabrada.

Tete Morente segue sen estar en condicións de poder xogar. Podería haber trocos con homes de refresco. O equipo afronta tres partidos en sete días. Gañar suporía para o Lugo dar un paso importante na clasificación e, sobre todo, gañar en confianza.   

Xogar un mércores ás sete da tarde non gusta, non gusta nada por Lugo. O alento do Anxo Carro foi clave na primeira vitoria da temporada. Eloy Jiménez anuncia rotacións para xogar ante a Ponferradina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019