CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "Faltounos oficio para dormir o partido"

Publicado o 19/09/2019 16:51

O Lugo empatou a 2 goles coa Ponferradina, nun partido que ben puido gañar. Sobre todo porque na derradeira acción de partido, o equipo inventou un contragolpe en tres toques. Só faltaba que Carlos Castro culminase a xogada, pero o asturiano, libre de marca e a un metro da portería, non foi quen de mandar o balón á rede. 

Eloy Jiménez lamentábase ao final do encontro que ao equipo lle faltase oficio para rematar o partido, pero tamén valoraba que se sumase un punto e o ocorrido sirva para aprender.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019