CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez confiou no mesmo bloque de xogadores no arranque da liga

Publicado o 02/09/2019 20:19

Josete vén reforzar a liña máis necesitada do Lugo, como se encargou de evidenciar o Alcorcón. Na outra área, en cambio, vese un equipo máis feito.

"A actitude do equipo e as sensacións que deixamos no campo deixan ver un equipo competitivo, que lle crea perigo ao rival. Ese é o camiño", asegurou Gerard Valentín.

O equipo de Eloy Jiménez é un dos seis conxuntos da categoría que aínda non coñecen a vitoria despois de tres xornadas, malia xogar como local en dúas ocasións.

"Hai que ser un pouco máis prácticos nalgunhas situacións, como na saída de balón. Cremos nesta forma de xogo, pero penalízase moito, sobre todo cando saiamos, teremos que ser máis prácticos e romper as liñas", dixo Eloy Jiménez.

Nestas tres primeiras xornadas, Jiménez confiou nun mesmo bloque para iniciar cada partido, coa única excepción de Canella, que tras ser expulsado en Oviedo non puido xogar contra o Alcorcón. Cristian Herrera foi o autor dos tres goles.

Noticias web

02/09/2019