CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "Cádiz é un escenario ideal, a motivación dáse soa"

Publicado o 22/11/2019 20:27

O Lugo enfróntase a un reto de altura. Visita o Ramón de Carranza. O campo do líder, un Cádiz que non perdeu na casa. Eloy Jiménez non quere un Lugo tímido: "Nós temos que ir con ledicia, sen medo a nada. Afrontar o partido como o fixemos contra os rivais que estiveron arriba, que xogamos e fixemos grandes partidos. Con esa idea e con esa mentalidade e esa ledicia temos que ir sabendo tamén que temos que ser supercompactos e superagresivos", di o adestrador.

Esas son as claves que lle permitiron saír da zona perigosa pero a costa de sacrificar o seu fútbol. O técnico quere recuperar a mellor versión do seu equipo: "Empezar aos poucos a través desa confianza e eses resultados ser ese equipo que tamén era capaz de dominar moito ao rival, de tirar moito a porta"

Non ten problemas o Cádiz de Cervera en renunciar á posesión. "Bendita posesión. É un equipo que cando corre e transita ten unha alta efectividade e penaliza", apunta Jiménez

O parte médico deixa unha mala noticia. Campillo non se dá recuperado dos seus problemas no xeonllo e perderá o que queda de temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019