CRTVG

Buscar

Eloy Jiménez: "Ander é un porteiro potente, tiña que xogar"

Publicado o 03/10/2019 16:51

Rescata un punto o Mirandés e perde dous o Lugo nun partido con moi pouco fútbol. Baixo paus, na portería galega, Ander Cantero, que salva unha oportunidade clara de gol dos de Miranda. Marcos André entra ata o fondo e case sen ángulo remata a porta buscando polo raso.

Non sería ata o minuto setenta cando se moveu o marcador no campo de Anduva, e foi o Lugo quen deu primeiro. Un saque de córner a prol dos lugueses acaba coa pelota colgada sobre a área. Martín Merquelanz bate duro sobre Lebedenko cando entraba na área e o árbitro pita xa de primeiras penalti coa ratificación posterior do VAR, que determina once metros para os visitantes.

Lanza a porta Manu Barreiro e pon por diante o Lugo. Péchase a cal e canto o equipo galego, pero malia aguantar máis de vinte minutos non consegue o obxectivo de manter a vantaxe. Sobre o tempo de desconto, á falta de escasos segundos de reloxo, centro de Íñigo Vicente, á desesperada sobre a porta rival, e pelota que consegue controlar Matheus Aias para bater a Cantero e fixar no marcador o empate. O Lugo fai a súa sexta igualada en nove xornadas e segue sen perder como visitante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019