CRTVG

Buscar

Elnosa pechará a súa planta de Lourizán o 29 de xullo

Publicado o 11/07/2018 21:18

Elnosa pechará a fábrica de Lourizán, en Pontevedra, o próximo día 29 de xullo. Así llo comunicou a dirección do grupo portugués CUF, propietario da electroquímica, ao comité de empresa. A compañía negociará a recolocación dos traballadores noutras industrias do grupo. Elnosa está situada no mesmo espazo da factoría de Ence.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018