CRTVG

Buscar

Elly e Pieter, dous holandeses en Galicia

Publicado o 25/02/2019 14:14

Este matrimonio holandés rexenta un cámping en Noalla, preto da praia da Lanzada e da localidade pontevedresa de Sanxenxo. Son Pieter e Elly. Levan en Galicia 23 anos e pensan seguir moitos máis. 

O cámping chámase Monte Cabo e está en Soutullo, na localidade pontevedresa de Noalla, moi preto do mirador Punta Faxilda. Aquí viven desde hai 23 anos Elly e Pieter, un matrimonio holandés que levan xuntos 46 anos. De momento, non queren saber nada de xubilarse. Están encantados en Galicia.

Eles din que sempre hai traballo no cámping. Elly fixo varias construcións, como un muro, pedra a pedra, e Pieter fixo un parque infantil. Só botan de menos algún que outro produto como o arenque, e a puntualidade.

Elly e Pieter levan unha vida tranquila ao lado do mar coa visita dos fillos e dos netos, que veñen de Holanda.

Noticias web

25/02/2019